13 agosto 2015

Por nós.

Polos que comezamos os días co pé esquerdo.
Polos que non sabemos cal empregar cando temos que devolver un balón aos cativos que xogan na rúa.
Polos que tardamos máis do habitual en aprender a empregar unhas tesoiras (e mesmo choramos por iso).
Polos que xa demos por imposibles os abrelatas.
Polos que non entendemos como alguén pode escribir cun folio xirado a noventa graos.
Polos que vemos como bailan as nosas letras porque non somos quen de seguir unha liña recta.
Polos que nos enchemos as mans de tinta e deixamos as manchas de recordo nas libretas.
Polos que facemos malabares para empregar os bolígrafos, analóxicos e dixitais, con cordóns no mostrador do banco.
Polos que damos voltas arredor do Mundo nunha órbita contraria.
Polos zurdos, por todos os que nacimos diferentes dalgún xeito e por todos os que abrazan esas diferenzas como se fosen propias.

09 agosto 2015

-apo.

Tapo.
Papo.
Sapo.
Capo.
Trapo.
Atrapo.
Gulapo.
Escapo.
Sopapo.
Farrapo.
Empapo.
Destapo.
Cachapo.
Castrapo.
Guapo, que mira que es guapo!

06 agosto 2015

Sen título, X.

Teño lume baixo os pés.
Quente.
Quente.
Quéceme o corpo
e queima.
De xeito inconsciente
coma vai cesando a luz nas tardes metido na casa,
o que me fai prender o interruptor
cando xa é humanamente imposible
ver nada sen axuda artificial
e me obrigou a levar lentes
tras anos sen aprender nada.
Maldita estupidez humana.
Queima con quentura maxistral,
cóceme,
sofríeme
e evapórame.
Mais os anxos non agardan por quen
sempre negou a súa existencia
tratando de atopar en terra
anacos do paraíso prometido.