09 octubre 2015

a tantas ondas de distancia

a min non me veñas
non me veñas a min, non.
seica teño cara de fato
ou de falta de durmir.
non me veñas con excusas
nin labazadas emocionais
que xa bateches en min de abondo
ao tirares o meu corazón ao mar.

a tantas ondas de distancia
ben sabes que eu non sei nadar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Mis gafas azules te vigilan, cuidado con lo que dices.