
Esquecerme do estrés, das prazas límites, da discordia, os malos entendementos, as polémicas de cinco minutos, as de días e as que duran toda a vida. Esquecerme dos puñais que levo cravados nas costas por parte de persoas alleas -que descoñecendo o meu nome se permitían o luxo de odiarme-, as contradicións que rexen o día a día, a incomprensión tan desenvolvida ó longo dos anos e os fortes anhelos
inxustamente incumpridos. Tamén me gustaría esquecerme das apariencias, da falsidade e en conxunto de todo aquilo que non fai que unha persoa se sinta especialmente orgullosa. Pero sen esquece-la conformidade por quen son, a honra que me supón o mero feito de considerarme unha persoa decente, boa, o máis transparente posible, moi estraña -o común aborrece, abonda, non me interesa- e comprometida con aquilo que cre e defende. Eu.
Ok, pero te aviso de que yo no bajo mucho al ritmo de reggaeton, eh? bajar y mis lorzas no se llevan bien...
ResponderEliminar